Lythrum salicaria


Perenne, erecta, de ata 150 cm., variando de case glabra a moi pubescente. As follas, de 40-60 x 10-15 mm., opostas ou en verticilos de 3, lineares a lanceoladas, algo amplexicais, onduladas.

As flores van en fascículos axilares que se agrupan en inflorescencias espiciformes terminais de ata 40 cm. O tubo floral é moi peloso, mide 5-6,5 mm., e leva 6 sápalos de 0,5-1 mm. entre os que se dispoñen apéndices lineares de dupla lonxitude.


Pétalos en número de 6, de 6-10 mm., de cor púrpura. Estames en número de 12, en 2 grupos a diferente altura, os menores inclusos no cálice. Froito en cápsula de 3-4 mm. 

Florece entre xuño e setembro en charcas, beiras de regatos, ou lugares húmidos de toda Galiza. Empregouse contra a disentería.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Lythraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.