Lythrum portula


11 Jun
11Jun

Planta anual, glabra, con talos deitados arraigantes nos nós, de ata 25 cm. Follas opostas, espatuladas, carnosas, de 8-13 x 4-6 mm. As flores son hexámeras, e aparecen solitarias nas axilas das follas.

Levan tubo floral de 2-3 mm., con 6 sépalos triangulares entre os que aparecen apéndices de 0,5-1,5 mm., máis longos ca eles. Seis pétalos moi curtos ou inexistentes. Estames en número de 6, inclusos na corola.

Florece entre maio e setembro en prados temporalmente asolagados e lugares lamacentos.


Lugar de observación: Pedroso. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.