Illecebrum verticillatum


21 May
21May

Anual, glabra, con talos finos de ata 30 cm., simples ou moi ramificados, algo vermellas, a miúdo arraigantes. As follas son opostas, de 2-6 mm., linear-espatuladas a ovadas, con pequenas estípulas.

As flores , con sépalos de 1,5-2,5 mm., son brancas, moi aparentes polo esponxosas, e van dispostas de 2 glomérulos en cada nó, con 4-6 flores que aparentan verticilos.

Florece entre marzo e setembro en lugares que algunha vez están húmidos en toda Galiza.


Lugar de observación: Lagoa do Monte do Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.