Helleborus foetidus


Perenne, con cepa leñosa da que xorden talos rexos de 20-80 cm., que levan baixo a póla inferior follas con pecíolo longo e limbo dixitado con 7-11 segmentos lineares lanceolados, aserrados.

Os ramos floríferos levan brácteas enteiras, anchamente ovadas na base, envolvendo as flores. Estas, de 1-3 cm. de diámetro, constan de 5 sépalos anchamente ovados, verdosos ou algo violáceos, e 8-12 pétalos nectaríferos de menor tamaño.

Estames numerosos, e froito formado por 2-4 folículos, con moitas sementes cada un.

Florece en abril-xuño, no interior de Galiza, en especial en chans básicos, con calías.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Ranunculaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.