Halimium umbellatum


24 Oct
24Oct

Pequeno arbusto de ata 50 cm. con pólas arqueado-ascendentes. As follas, sésiles, son linear-lanceoladas, uninervais, revolutas, de 10-35 mm., verdes pola cara e de envés tomentoso formado por pelos estrelados.

As flores aparecen dispostas en 1-3 verticilos, sendo o terminal umbeliforme. Levan 3 sépalos de 4-8 mm., con pelos de varios tipos, e pétalos brancos de 7-15 mm., sen machas. Froito en cápsula de 4-8 mm.

Florece entre abril e xuño en breixos de zonas altas con clima mediterráneo ou sobre serpentinas.


Lugar de observación: Lalín

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.