Halimium lasianthum


Arbusto de ata 150 cm., ramallento, griseiro, recuberto de pelosidade. Follas de 5-40 x 3-15 mm., oblongas ou obovado-lanceoladas, obtusas, sésiles as superiores e as inferiores con curto pecíolo.

As flores van en grupos de 1-3 no remate das pólas e levan 3 sépalos de 4,5-9 mm. e 5 pétalos de 7-13 mm. amarelos de todo.

Florece entre abril e xuño en lugares secos, en especial en chans ácedos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Cistaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.