22 Feb
22Feb

Anual, glabra ou moi pouco pelosa, de cor verde clara, a miúdo con talos e follas polo envés manchadas de vermello, de ata 40 cm. de altura. As follas, de 2-6 cm. de ancho, divididas máis da metade do radio en 5 segmentos á súa vez crenados ou trífidos no ápice, moi lustrosas. 


Pedúnculos con dúas flores, máis longos cás follas correspondentes. Os sépalos, de 5-7 mm., arestados e fortemente aquillados, con enrugas transversais. Os pétalos, de 8-10 mm., levan unha unlla máis longa có limbo, que é rosáceo, enteiro.

Os froitos, que se soltan dos bicos ao madureceren, levan 5 estrías lonxitudinais no ápice, e son pubescentes polas caras superior e interna.

Florece entre abril e agosto en toda Galiza, facéndose raro na beiramar.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.