Erodium moschatum


Anual ou bienal, con certo arrecendo a brión. Os talos, de ata 50 cm., son pelosos, e máis pola parte superior. As follas, de ata 20 cm., pinnatífidas, con folíolos todos semellantes, dentados ou ás veces pinnados.

As flores, dispostas en umbelas de 5-12 e con varias brácteas anchas, levan sépalos de 6-9 mm. e pétalos de 15 mm., violáceos ou púrpuras. Os 5 estames fértiles aparecen ensanchados, levando 2 dentes na base. Froitos con mericarpos de 5-6 mm., con bico de 20-45 mm.

Florece entre abril e setembro en lugares secos de toda Galiza, en especial en zonas baixas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Geraniaceae
  • 22/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.