Euphorbia hyberna


Perenne, cun rizoma rexo (ata 15 mm. de grosor) do que xorden varios talos de 30-70 cm., escamosos e sen follas no terzo basal. As follas, de 40-80 mm. as superiores e menores canto máis abaixo, son oblongas, enteiras, sésiles, glabras por riba e algo pelosas polo envés. 

Umbela de (4)5(7) radios longos (ata 75 mm.), bifurcados, que levan brácteas ovalado-lanceoladas, e bractéolas, umbelulares ovadas. Ciatio de 4-4,5 mm., glabro, con nectarios reniformes de cor amarela a púrpura. 

Froitos en cápsula de 5-6 mm., con cocas recubertas de tubérculos. Sementes de 3,5-5 mm, lisas.


Florece entre maio e xullo en claros de bosques e lugares sombrizos de montañas en especial do interior e mellor sobre calías.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboerio. Silleda.

Tagged:  Euphorbiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.