Euphorbia amygdaloides


Planta perenne, pubescente, a miúdo con varios talos de ata 90 cm., algo leñosos na base e sen follas no terzo inferior. As follas, a miúdo violáceas polo envés, de 25-70 x 7-20 mm., son oblongo-lanceoladas, obtusas, máis trasovadas canto máis arriba. As superiores aparecen ás veces empizarradas, e as da metade inferior a miúdo algo revolutas, pronto caducas.

Os radios da umbela, en número de 5-11, divididos 1-2 veces, bifurcados, con brácteas anchamente ovadas. As dos radios secundarios (bractéolas) aparecen cada par unidas entre si ata a metade da súa lonxitude. Ciatio de 3,5-4 mm., con glándulas con 2 apéndices agudos e converxentes, ás veces tirando a vermellas.

Froito de 3,5 mm., lisas, renegridas.

Florece entre abril e agosto en lugares sombrizos e húmidos de toda Galiza, como as carballeiras.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Euphorbiaceae
  • 24/11/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.