Echinochloa crus-galli


27 Oct
27Oct

Planta pouco cespitosa, anual pero rexa, con talos que poden sobrepasar os 100 cm. e follas ásperas e estriadas, de 5-15 mm. de ancho, sen lígula. Inflorescencia composta de 6-25 cm., co 10-12 acios alternos de 5-15 cm.

Espículas de 3-4 mm., ovadas, en 2 ringleiras en cada acio, acuminadas ou con arestas ásperas. Gluma superior de 2,5-3,5 mm., con 3-5 nervios, pelosa, envolvendo as espículas, a inferior de 1-1,5 mm.

Flor interior con lema de 2,5-4,5 mm., a superior (fértil) con lema de 2-3,5 mm., coriácea e envolvendo a lema, e pálea biaquillada do mesmo tamaño

Florece entre xullo e outubro, en herbeiras e terreos de cultivos de toda Galiza.


Lugar de observación: Lagoa de Sello. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.