Briza minor


03 Jun
03Jun

Planta anual, con talos de ata 60 cm. Follas planas glabras, ata 6 cm. de ancho, con lígulas lanceoladas de 3-6 mm. Inflorescencia en panícula piramidal, de 3-16 cm. Espículas triangulares, glabras, de 2-5 mm., comprimidas, con 4-8 flores imbricadas. Glumas obovadas, de 2-2,5 mm., ás veces purpúreas con ancha marxe escariosa.

Lema como as glumas, de 3,5-4,5 mm., e pálea pouco máis curta, marcada con 2 quillas. Anteras de 0,2-0,4 mm.

Florece entre abril e xuño, sendo abondosa na beiramar de toda Galiza. Briza media é perenne, con espículas de 4-8 mm. de 5-7 flores, algo violáceas, e pódese atopar no interior de Galiza de clima máis continental.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

21Feb
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.