Aquilegia vulgaris


Talos de 35-100 cm., ramificados na parte superior. Follas basais en mouta, tripartidas, pecioladas, as caulinas semellantes con pecíolo moito menor. As flores en número de 1-16, pedunculadas, levan sépalos algo pubescentes e pétalos con esporón ganchudo.

En Galiza distínguense dúas subespecies, de distribución non moi clara. A subespecie vulgaris leva sépalos de 20-30 x 8-12 mm., pétalos con limbo de 9-13 x 8-11 mm. e esporón de 14-21 x 1-4 mm., mentres que a subespecie dichroa ten sépalos de 11-18 x 4-7 mm., pétalos con limbo de 5-8 x 5-8 mm. e esporón de 9-15 x 0,5-2 mm.

Florece entre abril e xullo en matogueiras e bosques aclarados.


Lugar de observación: Fervenza de Férveda. Escuadro. Silleda.

Tagged:  Ranunculaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.