08 Oct
08Oct

Planta herbácea perenne que alcanza os 10-30 cm. de altura, cos folíolos das follas tripartidos, que á súa vez son lobados. A subespecie que aparece en Galiza leva as anteras brancas.

Tépalos elípticos e como en case todas as do seu xénero, con follas divididas en tres segmentos lanceolados que forman grupos de tres follas por talo. O rizoma, que se atopa debaixo da superficie, tende a formar densos grupos.

Sépalos branco-azulados de 10-15 mm.

Florece entre marzo e abril, en lugares sombrizos como carballeiras e prados próximos ou bosques á beira dos ríos en toda Galiza.

Trátase dun endemismo galego-portugues.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.