25 Mar
25Mar

Planta con rizoma castaño, reptante. Leva follas basais (que aparecen despois da floración) con longos pecíolos, semellantes ás caulinas. Estas aparecen dispostas nun verticilo de 3, no escapo floral, de 6-30 cm., tripartidas en folíolos lanceolados, aínda que os laterais aparecen á súa vez divididos en 2, todos coas beiras dentadas.

As flores, solitarias, constan de 6-9 sépalos, brancos ou rosáceos, de 15-22 mm., e moitos estames con anteras amarelas. Infrutescencia en poliaquenio esferoidal, con 15-25 aquenios.

Florece en febreiro-abril en bosques húmidos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.