19 May
19May

Ave de 25-27 cm. Sexos iguais. Cabeza cincenta e partes superiores pardas apencadas en escuro; partes inferiores rosadas; ventre branco; a ambos lados do pescozo mostra unha mancha branca con 3-4 riscas negras; rabo negro con banda terminal branca, completa pola parte inferior interrompida no centro pola superior. Os inmaturos teñen a cabeza e o peito pardos sen manchas no pescozo. Peteiro estreito. Corpo lanzal e voo moi rápido. Voz característica "rrru, rrru".


Paleártica. Estival en Europa central e meridional, así coma no norte de África. Inverna en África tropical. Aniña en toda a Penínsual Ibérica. En Galiza é estival de marzo a mediados de outrubro; non obstante; individuos solitarios pódense ver excepcionalmente máis tarde. Foi unha especie común, pero dende os anos 80 está en alarmante diminución, causada polos cambios nos métodos agrícolas que provocan a escaseza das sementes das que se alimenta, pola presión cinexética, a destrución das sebes e o emprego de pesticidas. 

Habita en monte baixo, arbustos, mesmo bosques para aniñar.

Cría entre o mato. O niño é unha plataforma sinxela de garabullos situada entre 1-2,5 metros. A posta realízase principalmente en maio e xuño e consta de dous ovos brancos que chocan ambos proxenitores durante 14 días; os polos voan logo doutros 14. Dúas roladas. Aliméntanse de pequenas sementes: trigo, gramíneas, etc.


Lugar de observación: Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.