09 Apr
09Apr

Paxaro de 40-51 cm. Sexos iguais. Plumaxe branca e negra moi contrastada: plumas escapulares, costas e ventre brancos e o resto negro con irisacións verdes, azuis e moradas; ás curtas e rabo longo (20-30 cm.) graduado.

Voo ondulado con batido e pregado de ás. En terra camiña a brinquiños ou anda. O seu canto é un "chac-chac-chac-chac" e outros sons diversos.

Paleártica. Sedentaria en Europa e distribuída por toda ela. Cría en toda a Península Ibérica e falta no extremo sur. En Galiza é sedentaria e abondosa, pero é máis escasa nas zonas montañosas a partires dos 1.300-1.400 metros de altitude.

Habita en terras de cultivo, campos abertos con árbores e tamén parques.

Fai o niño en árbores e arbustos. Pon de medidados de marzo a maio 4-8 ovos verdes abuados apencados, que choca a femia durante 21 días; os polos voan logo de 27. Aliméntase de insectos, miñocas, bagas, grans, froitas, preas, ras, cobras, ratos e tamén de ovos e crías doutros animais.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.