14 Jun
14Jun

Paxaro de 32-35 cm. Sexos iguais. Corpo en xeral pardo rosado coas cobertoiras alares riscadas de azul e negro, manchas alares brancas e mitra tamén branca por arriba e abaixo, moi contrastada co rabo negro; as plumas do curuto son eréctiles e están riscadas en branco e negro; bigotes negros; anel ocular azulado. O seu voo é incerto e pesado e o seu canto un irto berro (chraaaac) e un miañar xordo.

Paleártica. Sedentaria en toda Europa agás no norte de Escandinavia. Espallada por toda a Península Ibérica. En Galiza é sedentaria e común ata os 1.400 metros de altitude.

Habita en fragas, soutos, carballeiras e piñeirais; rara vez afástase das zonas de arboredo.

Cría nas árbores. Pon de abril a xuño 3-6 ovos azuis abuados e finamente apencados que choca a femia durante 16 días; os polos deixan o niño aos 20. Aliméntase de ovos, pequenos animais, insectos e sobre todo de landras que almacena para os tempos difíciles. Tamén consome bagas de hedra, froitos do acivro, coleópteros, castañas, ovos de merlo...


Lugar de observación: Abades. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.