30 Nov
30Nov

Ave de 25-33 centímetros. O macho ten as partes superiores cincentas azuladas cunha banda negra no remate do rabo e as inferiores cremosas arrubiadas, riscadas verticalmente; gorxa clara; mancha cremosa abuada na caluga; extremo das ás escuro; pequena risca superciliar clara.

A femia é parda escura pola parte superior e pola inferior branca ocrácea con grosas riscas escuras. Voo de falcón, pero áxil e a pouca altura. Os inmaturos seméllanse á femia, pero coas cobertoiras e réximes alares moi barradas.

Na Península Ibérica é invernante e outubro a marzo. En Galiza é invernante regular de mediados de outubro a febreiro, pero pouco común; vese tamén no paso primaveral en marzo e no outonal en setembro-outrubro.

Especie propia de espazos abertos, principalmente litorais, coma esteiros e marismas, así como en chairas de interior. Aliméntase de pequenas aves.


Lugar de observación: Soldecasa. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.