19 Mar
19Mar

Paxaro do 14-15,5 cm. Sexos iguais. Partes superiores pardas oliváceas apencadas en escuro; partes superiores das ás abeiradas en crema; peito con pencas que forman claras riscas verticais; laterais do peito amarelos; ventre cincento pouco contrastado co peito; rabo coas rectrices externas brancas; peteiro coa base inferior amarela; patas cor carne escura; uña posterior longa e algo curvada. 

Os inmaturos teñen as patas rosadas. A súa voz é un  "tsit" simple ou repetido que lanza ao botar a voar dende o chan. En inverno vese xeralmente en bandos nas pradarías. Diferénciase da "Pica das árbores" por ter o dorso coas listas máis marcadas, o peito e ventre menos contrastados, distinta cor da base do peteiro, diferente forma e tamaño da uña posterior e sobre todo polo seu canto.

Na Península Ibérica é invernante, aínda que non se descarta a súa posible cría de modo esporádico e disperso. En Galiza é común e invernante de setembro a marzo. A súa densidade increméntase en invernos fríos.

Habita en campo aberto e prados. Aliméntase de insectos, arácnidos e miñocas.


Lugar de observación: Brañas de Xestoso. Xestoso. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.