28 Oct
28Oct

Sombreiro de 5-12 cm. de diámetro, primeiro hemisférico ou ovoide, pero pronto pasa a ser convexo e ao final plano-convexo, moi regular; marxe lisa, agudo e incurvado case ata o final; superficie lisa e lixeiramente viscosa coa humidade, brillante en tempo seco, con numerosas fibrillas radiais e innatas, máis ou menos agrisadas e moi características, que contrastan coa cor moi variable do fondo, desde o amarelo-verdoso ou a verde-oliva ata o verde-agrisado ou verde-parduzco, máis claro cara á marxe.

Pé de 5-14 x 1-2 cm., cilíndrico, coa base bulbosa e atenuado lixeiramente cara ao ápice, primeiro cheo e oco ao madurar. Superficie lisa e esbrancuxada por encima do anel, xaspeada de amarelo-verdoso ou gris-verdoso sobre o fondo esbrancuxado no resto; anel grande, membranoso e fiable, de cor branca, estriado na parte superior; volva ben desenvolta, de cor branca en forma de saco membranoso e groso, persistente na base do pé. 

Láminas libres e dispostas densamente, anchas e delgadas, de cor branca, ás veces con algún ton amarelo-verdoso; aresta enteira e do mesma cor. Carne de cor branca, lixeiramente verdosa baixo a superficie, inodora nos exemplares novos, pero ao madurar e envellecer desprende un cheiro particular, parecido ao das rosas marchitas.

Frutifica no outono ou invernos cálidos; prefire os terreos acedos e pode crecer nunha ampla variedade de bosques, ben sexa de frondosas como baixo coníferas ou en repoboacións de eucaliptos. En Galiza é un cogomelo común.

Trátase, sen dúbida, do máis común e coñecido dos cogomelos mortais e causante da maioría das mortes por inxestión de fungos. Os efectos dos seus principios activos (principalmente as amatoxinas) non se manifestan como mínimo ata as 8-12 horas despois da súa inxestión, cando xa foron absorbidos polo tubo dixestivo e pasaron ao sangue, co que non é posible xa eliminalos. A intoxicación progresa en poucos días e afecta a órganos vitais coma os riles, o fígado e o miocardio, provocando fortes dores e na maioría dos casos, a morte ao cabo de poucos días. Unha cantidade pequena de Phalloides, equivalente en gramos ao peso en quilos dunha persoa, pode ser suficiente para provocar un desenlace fatal.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.