22 May
22May

Moi abundante en toda Galiza nas beiras dos bosques, outeiros, prados e terreos ermos dende comezos de xuño ata setembro, normalmente nunha soa xeración, aínda que pode ter dúas segundo as condicións climatolóxicas.

As eirugas son verde azuladas, cunha liña dorsal escura e outra lateral amarelada. Invernan nun refuxio.

Comen Poa annua, Poa pratensis, Brachypodium sylvaticum, Dactylis glomerata, Festuca ovina e outras gramíneas.

A femia pon os ovos illados nas follas. O macho, distínguese ben pola androconia moi evidente.


Lugar de observación: Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.