23 Feb
23Feb

Moi común e espallada por todo o territorio galego, en espacios abertos arrodeados de árbores, ladeiras de outeiros, hortas e xardíns, onde liba as flores e planea, normalmente en grupiños, no periodo de marzo a agosto, no que presenta dúas xeracións.

Trátase dunha das bolboretas máis grandes de Europa, podendo alcanzar as femias unha envergadura de entre 55 e 75 mm. Os machos son lixeiramente máis pequenos.

Converteuse nunha especie moi escasa en gran parte dos países de Europa central, probablemente debido aos importantes cambios sufridos nas prácticas agrícolas e a organización da paisaxe. Está protexida pola lei nalgúns países europeos.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.