23 Feb
23Feb

Común en toda Galiza en ladeiras de outeiros cubertas de vexetación, nas que gusta planear moitas veces en compaña da Iphiclides Podalirius, nos meses de abril e agosto en dúas xeracións. 

Esta especie está en regresión en toda Europa, polo que está protexida nalgúns países. Nas fotografías mostramos un exemplar de bolboreta e a continuación un exemplar de eiruga adulta.

A eiruga da Papilio machaon é moi chamativa e se é irritada, pode facer saír polo seu extremo anterior, un órgano de defensa glandular de cor laranxa chamado osmaterium. Este órgano emana un olor acre e encerra un líquido tóxico (ácido butírico), coa finalidade de impedir que os paxaros as devoren.

 

A eiruga aliméntase de plantas coma o fiúncho, a cenoria, o perexil ou a ruda, entre outras.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.