22 May
22May

Trátase dunha especie de aspecto moi variable. O macho ten o anverso de cor ocre alaranxado, con bandas finas de cor pardo claro. A forma ustaria presenta unha maior profusión da cor parda moi escura:

A femia é máis clara, con cor de fondo branco con liñas pardas. As fimbrias son axedrezadas. Envergadura alar entre 20 e 30 mm:

Vive en brezales, baldíos e páramos, dende zonas baixas ata montañas. Voa de abril a agosto, en dúas xeracións. 

É unha especie de actividade diúrna. As eirugas son de coloración variable, dende verde a marrón avermellado, frecuentemente con manchas brancas na rexión dorsal, e liñas negras polos lados. 

Como plantas nutricias citáronse Calluna vulgaris, Erica cinerea, Erica tetralix, Myrica gale, Ononis, Rumex, Trifolium, etc. Inverna como pupa, nun capullo colocado no chan ou debaixo del.


Lugar de observación: Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.



Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.