04 Oct
04Oct

Esta bolboreta apenas alcanza os 2.5 centímetros de envergadura alar. É unha especie de aspecto moi variable.

As ás dianteiras e traseiras están cubertas con liñas transversais dentadas de cor marrón ou branco. Distínguense xeralmente tres ou catro liñas brancas distintas, que poden ser confinadas por unha liña negra. A marxe da á é negro e ondulado.

Ten unha soa xeración anual, cos imagos voando entre xuño e agosto. As larvas aliméntanse de diversas plantas de pequeno porte, como Stellaria media e outras poligonáceas.

Adoita permanecer oculta na parte baixa da vexetación confiando plenamente na súa camuflaxe, botándose a voar a moi curta distancia.

Está amplamente distribuída por todo o hemisferio norte, recoñecéndose catro subespecies.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.