25 Sep
25Sep

Lonxitude corporal de 4-6 mm. no macho e de 5-7 mm. na femia. De patas moi longas; cor de base gris claro a pardo amarelado a avermellado. Os dous sexos claramente diferenciados. 

Machos cunha mancha en forma de cadeira estreitada dúas veces e de contornos pouco nítidos no dorso; os artellos das pinzas dos quelíceros estirados cara a adiante e arriba cun pico longo e delgado e cunha punta afiada. 

Lonxitude deste pico diferente segundo os individuos: os machos grandes posúen apófisis máis grandes nos quelíceros en proporción ao tamaño corporal. Femias con quelíceros normais; debuxo de cadeira no dorso moi escuro e nítido contra unha liña lateral blanca; debaixo desta liña lateral clara, unha banda lonxitudinal pardo escura con puntos claros; o ventre de novo blancuzco. 

Adultos de xuño a novembro. Habita practicamente só en zonas abertas, como marxes de camiño, xardíns, prados e pasteiros secos; a miúdo tamén en paredes de casa. Abundante na Península Ibérica. A diferenza da maioría dos seus parentes, é activa tamén de día e por tanto pódese ver a miúdo.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.