07 Mar
07Mar

Pequena araña cunhas dimensións de 3-4 mm os machos e de 6-8 mm as femias, co corpo brillante. O prosoma é de cor pardo escuro a negruzco, cun anel branco que destaca ao redor dos ollos. O opistosoma presenta unha cor de fondo branco, amarelado ou avermellado, cun debuxo negro variable que xeralmente está formado por un cono truncado apuntando cara ao prosoma que por detrás ten unha banda transversal algo arqueada que se comunica co cono por unha liña lonxitudinal do mesma cor. Os machos son similares ás femias pero algo máis escuros.

É posible atopala en zonas abertas, tanto secas como húmidas, especialmente as marxes asolladas de bosques ou camiños.

É fácil de observar en flores amarelas, vermellas ou brancas, e nas inflorescencias de umbelíferas, onde axexa ás súas presas, que moitas veces son bastante maiores que a propia araña.


Lugar de observación: Ribeira do río Deza. Taboada. Silleda.


Vídeos en Youtube de Misumena vatia:

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.