07 Mar
07Mar

Diaea dorsata é unha das arañas cangrexo de menor tamaño . As femias poden crecer ata 6 mm. e os machos ata 4 mm.

O prosoma e as patas desta araña son de cor verde, o opistosoma é de cor amarelada cunha marca de cor marrón. Do mesmo xeito que a Misumena vatia , esta araña pode mudar a súa cor para adaptarse á súa contorna, proceso que pode durar varios días.

Adoita habitar nos bosques e teñen predilección polos carballos. Pasan o inverno en estado de sub-adulto baixo a cortiza de árbores mortas, e os adultos aparecen xa en maio.

Os machos manteñen longos combates rituais nos que enlazan o seu primeiro par de patas e viran un na contorna do outro.


Lugar de observación: Lalín.


Vídeos en Youtube de Diadea dorsata:

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.