19 Aug
19Aug

Clara diferenza de tamaños entre os sexos. Lonxitude corporal do macho de 4-6 mm., da hembra de 14-17 mm. Prosoma con lanuxe espesa dun branco arxénteo; opistosoma con cor base branco ou amarelo e listas negras transversais, no macho só vagamente. Machos adultos de xullo a agosto, femias ata principios de outubro.

Habita en zonas abertas, secas ou húmidas, en pasteiros secos ou en canaverais nas marxes de charcas. Esta araña termófila presenta, dun ano ao outro, fortes oscilacións na súa frecuencia de aparición, probablemente dependentes das grandes modificacións anuais da temperatura, aínda que tamén pode deberse á influencia de parasitos, que como os icneumónidos, desenvólvense nos capullos de ovos de araña.

A súa tea circular está sempre a nivel de chan, entre herbas ou plantas sobresaintes, tales como cardos, etc. En densas poboacións de herba, faise sitio tecendo conxuntamente os talos de herba contiguos e dobrándoos cara os lados, ata que queda un espazo baleiro do tamaño dunha pegada de pé. O centro da tea está sempre recuberto dun denso fiado branco afieltrado.

Ademais, polo xeral, pódese observar un estabilimento en zigzag por riba e por baixo do cubo. Cando nota algunha perturbación, comeza a balancearse ata que pon toda a tea nun movemento oscilante, de xeito que resulta unha confusa acumulación de listas claras e escuras, desde a parte superior do estabilimento, pasando polo corpo da araña e rematando pola parte inferior da banda de seda zigzagueante. 

En xullo e agosto ten lugar o apareamento na tea da femia. Esta, compórtase primeiro de forma pasiva e permite que o macho lle introduza os palpos, pero pouco despois esperta do seu letargo e devora na maioría dos casos ao seu compañeiro.


Lugar de observación: Catasós. Lalín. 

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.