É unha araña moi abundante en toda Europa. Os individuos desta araña presentan unha ampla variedade cromática, dende o amarelo claro ao gris moi escuro, pero todas elas teñen unhas características manchas brancas na parte exterior do abdome.
As femias alcanzan máis de 15 mm. Os adultos aparecen de agosto a outubro. Fan unha tea de gran tamaño disposta verticalmente que utilizan para cazar insectos voadores dos que se alimentan. Poñen entre 45-600 ovos nun capullo cor amarelo. As crías eclosionan á primaveira seguinte.
Non é unha araña perigosa para os seres humanos.
Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.
Vídeos en Youtube de Araneus diadematus: