Malva tournefortiana


Perenne, erecta, de ata 100 cm., con talos pelosos, ás veces glabros inferiormente. As follas inferiores, de 5-9 cm., orbiculares, lobadas, e as superiores cada vez máis fondamente divididas en segmentos laciniados. 

As flores aparecen solitarias nas axilas foliares ou as superiores en acios terminais, con pedúnculos con pelos estrelados e epicálice de 3 pezas de 2-5 mm., lineares a linear-lanceoladas, pouco pelosas, dispostas na base do cálice.

Os sépalos, de 5-10 mm., son ovados a triangular-ovados, acrescentes no froito. Os pétalos, de 15-25 mm., con de cor rosa pálida (en fresco), emarxinados. Os mericarpos, 10-14 por froito, glabros, miden sobre 2 mm. e levan as caras laterais algo rugosas, e o dorso convexo liso.

Florece entre xuño e setembro en prados de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Malvaceae
  • 20/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.