Epilobium hirsutum


Herbácea perenne, con estolóns que producen moutas de follas. Talos aéreos de ata 150 cm., erectos e moi ramificados superiormente. Follas opostas, de 40-30 x 10-25 mm., opostas, as medias e superiores de elíptico-lanceoladas a oblongo-lanceoladas, coa máxima anchura na metade apical.

Inflorescencia con 8-20 flores con pedicelos que acadan 10-20 mm. na frutificación. Flores actinomorfas, con cálice de 8-14 mm., recuberto de pelos de dous tipos (glandulíferos e non glandulíferos).

Pétalos de 12-18 mm., escotados, de cor rosa intensa a púrpuras. Estigma dividido en 4. Froito en cápsula de 50-80 mm.

Florece entre xuño e outubro en lugares húmidos.


Lugar de observación: Lago inferior do río Pontiñas. Lalín.

Tagged:  Onagraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.