13 Apr
13Apr

Planta con de 1-2 cm., esférico ou ovoideo, con 0-3 bulbilos. Talo oco de 10-30 cm., alado, de sección triangular. Follas, 2-3, máis curtas có talo, planas, aquilladas, envaiñadoras na base. Umbela laxa de 2,5-5 cm., que leva espata de 2 valvas iguais, de 2-3 cm. máis curtas cá inflorescencia e persistentes despois da floración.

Pedicelos de 11-35 mm., desiguais entre si e máis longos có perianto. Tépalos brancos, os externos de 10-15 x 2,25-4 mm., a miúdo con nervación verde. Estames inclusos, con anteras amarelas. Ovario globoso, con estilete de 1,5-3,5 mm. Cápsula globosa de 4-7mm.

Florece entre marzo e maio en arredores de poboacións e beiras de cultivos, procedentes de xardíns.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.