Allium scorzonerifolium


Bulbo de 1-1,5 cm., algo ovoide, con poucos bulbilos. Talos de 12-50 cm., aplanados, con 2-3 follas de 10-38 cm. x 2-6 mm., máis longas có talo e envaiñadoras na súa base. Umbela hemisférica, de 1-4 x 2-8 cm., con espata de 1-2 valvas iguais, máis curtas cá inflorescencia.

Esta pode levar só flores, só bulbilos ou ambas as dúas cousas. Pedicelos de 10-40 mm., iguais e máis longos cós tépalos.

Tépalos amarelos con nervio verde, os externos de 7-12 x 3-5 mm. Estames inclusos, con anteras amarelas. Froito en cápsula globosa de 4-5 mm.

Florece entre abril e xuño en lugares sombrizos, como beiras de regatos.


Lugar de observación: Lebozán. Lalín.

Tagged:  Amaryllidaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.