Allium ericetorum


26 Aug
26Aug

Planta de bulbo fusiforme de 0,5-1,5 cm. de diámetro. Escapo de 10-50 cm., algo trígono. Follas en número de 2-4, máis curta có talo, lineares, planas, envaiñadoras ata 1/4 do talo e aparecendo ao tempo da floración. Umbelas globosas, normalmente mestas, de 1-2,5 cm. de diámetro, envoltas por espata de dúas valvas de menos de 1-2 cm. máis curtas cá umbela.

Pedicelos das flores de 4-10 mm., iguais entre si e máis longos cós tépalos. Flores que varían de brancas a rosáceas ou violáceas, con tépalos externos de 4-5 x 1,5-2,5 mm., estames exertos ás claras, e anteras amarelas ou acastañadas.

Florece entre agosto e setembro en toda Galiza, en especial en breixos.


Lugar de observación: Alto do San Bieito. Serra do Candán.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.