Emberiza cia


28 May
28May

Paxaro de 15-16,5 cm. O macho ten o papo e a cabeza cincentos e nesta última destacan tres riscas negras por lado; partes superiores pardas riscadas e inferiores e mitra arrubiadas; dúas bandas alares brancas e cobertoiras pequenas grises; rabo pardo con rectrices externas brancas.

A femia é máis apagada e ten costas e peito lixeiramente apencados. Os inmaturos mostran a parte inferior das ás e a superior do rabo arrubiados. A súa voz é un característico "zsi-zsi-zsi-zrrr" e un baixo "txir" emitido desde o chan.

Paleártica. Ocupa toda a Península Ibérica. En Galiza é sedentaria e case común ata os 2.000 metros de altitude. Habita en terreos ermos, abertos e degradados; ladeiras con vexetación moi baixa ou con grandes claros.

Sitúa o niño no chan. Pon de abril a xuño 3-5 ovos brancos con riscas escuras. Choca a femia durante 12 días e os polos abandonan o niño noutros 12. Dúas roladas. Aliméntase de insectos e arañas durante a dieta primaveral; no resto do ano come principalmente pequenas sementes, gromos e herbas.


Lugar de observación:

  • Pena de Francia. Dozón.
  • Serra do Candán. Zobra. Lalín.
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.