07 May
07May

Especie autóctona. Endemismo ibérico. Subespecie en Iberia O. c. algirus.

Corpo menos atlético e flexíbel que as lebres e cun tamaño tamén menor. Ollos negros moi evidentes. Orellas grandes que dobradas cara adiante non exceden do fociño. Cola curta con forma de borla recuberta por moitos pelos longos. Extremidades posteriores adaptadas para dar carreiras rápidas de curta distancia. Mans pentadáctilas e pés tetradáctilos. Presentan fortes unllas rectas capaces de cavar longas galerías, as almofadiñas están recubertas de pelos fortes e flexíbeis.

O cranio presenta sutura nasofrontal moi sinuosa. Ten o segundo par de incisivos por detrás do primeiro e molares prismáticos. No maxilar inferior o forame mental é grande e cunha forma elipsoidal, situado próximo á serie dental inferior. A lonxitude da mandíbula é inferior aos 60 mm.

Patrón de coloración uniforme e variábel, segundo os individuos, polo xeral pardo ou gris, destaca a cor branca da parte inferior da cola e negra da parte superior. As orellas non teñen a mancha negra na punta do xénero Lepus. A cara interna dos pavillóns auditivos é branca.

Presenta borra invernal frecuentemente de cor gris coas puntas avermelladas. Pode ter actividade reprodutora ao longo de todo o ano, pero está condicionado á abundancia e calidade do alimento, así como o fotoperíodo ou factores climatolóxicos adversos. En anos favorables pode ter até cinco camadas, excepcionalmente máis. De 3-6 cazapos por ano, xestados tras uns 30 días.

Mostra actividade crepuscular ou nocturna. Durante o día permanecen xuntos no interior das coelleiras. Hábitat de monte baixo con claros. Moi abondoso en Galiza e amplamente distribuido.


Lugar de observación: Vilatuxe. Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.