Código ético para a observación de aves (SEO/Birdlife)


Código ético para a observación de aves (SEO/Birdlife)

SEO/BirdLife publicou en 2018 o seu novo código ético para a observación de aves, un documento que recolle información e apunta algunhas pautas para que a observación das aves non supoña ningún impacto negativo sobre as mesmas. 

Este documento aposta pola concienciación dos turistas ornitolóxicos e amantes da natureza, xa que o desenvolvemento incorrecto desta actividade podería comportar impactos negativos sobre as especies sensibles e as máis ameazadas.

Se sodes afeccionados á observación de aves ou se estades interesados en comezar a desenvolver esta actividade, aquí poderedes descargarvos este documento de boas prácticas para consultalo: Codigo ético para a observación de aves