Lepista nebularis


06 Nov
06Nov

Sombreiro de 5-15(-25) centímetros de diámetro, ao principio hemisférico, pronto convexo ou plano-convexo, ás veces deprimido no centro, apenas mamelonado, carnoso; marxe involuto persistente, finalmente recto e algo sinuoso; superficie non hogrófana nin estriada en estado húmido, glabra ou un pouco pruinosa, brillante, formada por fibrillas radiais innatas, de cor variable, agrisado-parduzco, gris-beige, pardo-abelá, mesmo branco, habitualmente aclarada cara á marxe, onde pode ser crema ou gris moi pálido.

Talo de 5-10(-15) x 1,5-2,5 centímetros, claviforme, robusto, central, cheo, oco coa idade, de cor esbrancuxada a crema, coa base cuberta por un abundante tomento de micelio esbrancuxado. Láminas moi apretadas, estreitas, arqueado-decurrentes, ao principio esbrancuxadas, logo de cor crema coa aresta enteira e da mesma cor. Carne esbrancuxada, con cheiro penetrante e dulzón, e sabor semellante. 

Especie de aparición tardía, rara a finais do verán, pero moi frecuente durante o outono ata comezos do inverno; frutifica de modo gregario, ás veces en círculos, raramente solitaria, no humus de bosques de moi diferente tipo, tanto de coníferas como de planifolios, con indiferenza polo PH do substrato.

Máis rara en áreas nitroxenadas e algo descubertas como parques e marxes de camiños, entre a herba. En Galiza é abundante. Aínda que popular polo seu uso gastronómico, pode resultar indixesta para algunhas persoas; en tal caso, é mellor non consumila.


Lugar de observación: Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.