Localización xeográfica

A comarca de Deza, situada ao norte da provincia de Pontevedra, ven coincidir co centro xeográfico de Galiza. 

Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas da Ulloa e Chantada, e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste e co río Ulla, que a separa da Terra de Santiago, ao norte.