Limax maximus


01 Dec
01Dec

Limax maximus, coñecida polos nomes comúns de "gran babosa gris" ou "babosa leopardo", é unha das especies de maior tamaño das da familia Limacidae, as babosas con quilla.

Os exemplares adultos miden entre 10-20 cm. de lonxitude. A maior parte do corpo é redondeada, pero hai unha quilla curta na súa cola, con aproximadamente 48 fileiras lonxitudinais de tubérculos alongados e separados. A cor do corpo é gris pálido, cinza, parduzco ou, ás veces, branco amarelado. O corpo está raiado lonxitudinalmente ou manchado de negro. O patrón é moi variable.

É unha especie principalmente nocturna e non é moi activa ou prolífica. Posue un gran instinto de orientación, xa que despois das súas expedicións nocturnas na procura de alimento, xeralmente regresa á mesma greta.

Esta babosa atópase case sempre preto de zonas humanizadas, xeralmente en céspedes, xardíns, adegas ou noutras áreas húmidas. Tamén frecuenta sebes e bosques húmidos e sombreados, agochándose durante o día baixo pedras, árbores caídas ou outros lugares escuros e húmidos. 

De alimentación omnívora, soe alimentarse de plantas, fungos e tamén doutras babosas.

Deposita os ovos nun pequeno grupo, quedando lixeiramente unidos entre sí. Os ovos son transparentes, elásticos e de cor lixeiramente amarelada, eclosionando aproximadamente nun mes. As pequenas babosas que emerxen dos ovos necesitan polo menos dous anos para alcanzar a madurez sexual. A seu periodo vital pode chegar aos 3 anos.

Os hábitos de apareamento de Limax maximus considéranse inusuais entre as babosas.  Son hermafroditas de fecundación cruzada. Primeiramente enrólanse entre sí durante un periodo de varias horas e posteriormente suben a unha rama ou zona alta para logo descolgarse sobre un groso fio mucoso mentres entrelazan os seus órganos xenitais intercambiando o esperma. Ambos exemplares poñerán centos de ovos.


Lugar de observación: Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.