Melitaea cinxia


Vive escasa en zonas medias e altas nas que, ás veces, é relativamente abundante, voando en espacios abertos e pradeiras soleadas e floridas. Presenta unha xeración anual nos meses de xuño e xullo.

A súa eiruga é anegrallada con espiñas moi pilosiñas, cabeza vermella e propatas purpúreas, habitando en colonias dentro dun abeiro sedoso sobre Plantago subulata e outras plantas dos xéneros Verónica e Gentiana, pasando o inverno nese estado.

A femia coloca os ovos en grupos numerosos no envés das follas, e a crisálida, grisácea escura con puntos amarelos, apégase á planta ou ben a outro obxecto saínte.

É un meliteido característico pola súa ringleira de puntos negros postdiscais no anverso das ás posteriores.


Lugar de observación: Cima do Monte do Carrio. Lalín.



  • 22/02/2017
  • 22/02/2017
  • 22/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.