Lycaena phlaeas


Pódese considerar común nas catro provincias galegas, aínda que de cotío voa illada en pradeiras, espazos abertos e soleados e beiras de camiños, onde é doado atopala pousada sobre flores silvestres nos meses de abril a setembro, e mesmo outubro se o tempo o permite, en dúas xeracións ou tres xeracións. 

Eiruga invernante, de figura rechoncha e cor verdosa, con liñas violáceas lonxitudinais esfumadas. Consome Rumex acetosa e outras poligonáceas.

As femias poñen os ovos illados na base das follas. As crisálidas pódense atopar apegadas ó talo ou ben ó peciolo da folla.


Lugar de observación: Gondoriz. Vilatuxe. Lalín.


  • 22/02/2017
  • 22/02/2017
  • 22/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.