17 Feb
17Feb

A Lagarta galega ten un tamaño mediano e un aspecto robusto. Mide de 45 a 70mm (cabeza+corpo), sendo a cola entre 1,5 ou 2 veces esta lonxitude. As femias son máis pequenas ca os machos. Cabeza alta, fociño redondeado, e non achaiada. Colar liso de 7-14 escamas. O seu deseño dorsal ten gran dimorfismo. Machos e femias teñen unhas liñas dorsolaterais soe ser verde con manchas irregulares negras; nas femias, o verde tórnase en pardo. 

(Exemplar femia)

Sen ocelos azuis nas axilas. Ventralmente a cor máis característica é a amarela ou a alaranxada, aínda que pode haber exemplares brancos. A zona gular está punteada de negro con contornos ben definidos (sen debuxos reticulados), en moitos casos ocupando a súa superficie total.

Esta lagarta é endémica do noroeste peninsular, limitándose a súa distribución a Galiza, norte de Portugal, Asturias e noroeste de Castela-León. 

(Mapa de distribución da especie)

Exemplar macho

(Exemplar macho)

É común en toda Galiza, máis escasa en zonas orientais de Ourense e Lugo pola influencia mediterránea. Podemos atopala dende o nivel do mar até os 1.850 metros. Tamén está presente nas illas galegas. Ocupa distintos hábitats, como zonas abertas de bosques, bordos dos camiños, zonas pedregosas, areais, cantís costeiros e muros. 

Realiza tres postas anuais de entre 2 e 9 ovos cada unha, dependendo do tamaño da femia. Os ovos son de cor branca a moi alongados, cun diámetro maior de 14-18 mm. e un diámetro menor de 8-10 mm. A súa alimentación baséase sobre todo en arácnidos e insectos. É una das lagartas máis abundantes de Galiza.


Lugar de observación: 

  1. Monte Faro. Rodeiro.
  2. Carboeiro. Silleda.
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.