12 May
12May

Planta perenne, erecta, con talo de ata 80 cm., algo endurada na base, glandulosa na metade superior. Follas inferiores espatuladas a lanceoladas, sendo linear-lanceoladas as demais. as flores (como indica o seu nome específico), son pendurantes -aínda que erectas na frutificación-, formando unha panícula laxa, glandulosa, con estiletes e estames sobresaíntes, con pedicelos de ata 25 mm.

Cálice de 6-14 mm., glandular-pubescente, con 10 nervios.

Pétalos brancos pola cara e verdosos polo envés, ás veces algo purpúreos, con limbo de 6-9 mm., bífido, enrolado, levando as escamas da coroa divididas en 2 lóbulos agudos. Cápsula de 8-18 mm., ovoidea. Carpóforo de 2-4 mm.

Florece en toda Galiza entre maio e xullo, facéndose máis rara nas partes baixas do país.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.