21 May
21May

Planta perenne, con rizoma reptante do que xorde o talo longo sen ramificar, que perde as follas no outono. Follas aboiantes ovadas, elípticas ou algo lanceoladas, apenas cordadas, ata 12 x 5 cm.

O pecíolo é a miúdo máis longo có limbo, levando aquel unha pequena curvatura no punto de unión. As follas mergulladas son estreitas, de menos de 3 mm. de ancho, lineares, obtusas, e as máis das veces desaparecen antes da floración.

Espigas frutificadas de 2-8 cm., sostidas fora da auga por pedúnculo torto. Froitos de 3-4 mm.

Florece entre xuño e agosto en augas de curso vagaroso ou estancadas.

Lugar de observación: Río Deza. A Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.