09 Jul
09Jul

Planta perenne, con rizoma reptante que produce grupos de talos de 10-80 cm. de altura e 1-8 mm. de ancho, con vaíña terminal de cada talo transversalmente truncada. Espícula terminal de cada talo de 5-30 mm., con 40-70 flores acastañadas. As dúas glumas inferiores sen flor, envolvendo cada unha a metade da base, con nervación verde.

Tres estames e dous estigmas. Perianto formado habitualmente por 4 setas. Aquenio de 1,5-2,2 mm., moi finamente puntuado.

Florece entre maio e setembro, nas charcas, regatos e lugares húmidos en brañas, de pouco fondo.


Lugar de observación: A Penela. Pedroso. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.