13 Apr
13Apr

Planta con rizoma curto cespitoso que forma mouta mesta da que xorden talos trígonos de caras planas de ata 100 cm. de altura, superiormente escábridos. Follas de beiras ásperas, de 3-6 mm. de ancho, xeralmente máis curtas có talo. Lígula redondeada de ata 5 mm., sen antelígula.

Bráctea inferior foliácea, menor ou maior cá inflorescencia, pero sempre moito máis longa cá súa espiga. Inflorescencia formada por espiga masculina solitaria (algunha vez 2) de ata 60 mm., e 1-4 superiormente masculinas e inferiormente femininas, e 0-2 femininas de 10-20 mm., sésiles ou a inferior pedunculada.

Flores dipostas en 6 ringleiras, sendo as glumas femininas oval-oblongas, obtusas, máis curtas cós utrículos, negras agás a quilla que é verde.

Utrículos de 2-4 mm., plano-convexos, verdosos, rematados en bico cilíndrico moi curto de ata 0,2 mm., papiloso. Estigmas, 2.

Florece entre marzo e maio nas ribeiras pedregosas dos ríos de toda Galiza, formando moutas mestas. Planta endémica do noroeste da Península Ibérica.


Lugar de observación: Río Deza. Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.