12 Dec
12Dec

Paxaro de 15-16,5 cm. O macho ten a cabeza amarela coa gorxa e risca ocular negras e curuto riscado en negro; as partes superiores castañas riscadas; mitra verde escura; rabo escuro coas rectrices externas brancas; peito amarelo coa parte superior do mesmo cunha banda cincenta verdosa con laterais castaños; costas apencadas; patas rosas.

A femia mostra un deseño moito menos notorio: gorxa amarela raiada e costas e peito moi riscados. Os inmaturos teñen as riscas supraoculares con punteado. Voo ondulado e voz de contacto "sip".

Mediterránea. Sedentaria en Europa occidental e meridional, do sur de Gran Bretaña ao mar Negro. Común en toda a Península Ibérica, onde é sedentaria con algúns invernantes. En Galiza é común e sedentaria con algúns invernantes.

Habita en hortas, cultivos e arboredos non densos. Aniña a baixa altura en arbustos e sebes. Pon de maio a agosto 3-4 ovos brancos con puntos e riscas irregulares finas; choca a femia durante 12 días; os polos abandonan o niño noutros 12. Dúas roladas. 

Aliméntanse de sementes de gramíneas, bagas, insectos e larvas.



Lugar de observación: 

  • Paseo do Pontiñas. Lalín.
  • Sobreirais do Arnego. Carmoega.
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.